Anthony Erwin Randolph, Jr., nado o 15 de xullo de 1989 en Wurzbach, Alemaña do Oeste, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no Real Madrid da Liga ACB.

Traxectoria Randolph foi seleccionado na 14ª posición do Draft da NBA de 2008 polos Golden State Warriors, onde xogou durante dúas tempadas.

O 9 de xullo de 2010, foi traspasado aos New York Knicks xunto a Kelenna Azubuike, Ronny Turiaf, e unha elección de segunda rolda do Draft, a cambio de David Lee.

O 22 de febreiro de 2011, Randolph foi traspasado aos Minnesota Timberwolves nunha operación entre tres equipos, que mandou a Carmelo Anthony dos Denver Nuggets aos New York Knicks. No seu primeiro partido coma titular do ano o 24 de marzo, conseguiu a mellor anotación da súa carreira con 31 puntos, e capturou 13 rebotes.

O 20 de xullo de 2012, Randolph asinou un contrato cos Denver Nuggets.

O 26 de xuño de 2014, foi traspasado ós Chicago Bulls xunto a Doug McDermott, a cambio de Gary Harris, Jusuf Nurkić e unha elección da segunda rolda do Draft de 2015.BULLS ACQUIRE MCDERMOTT VIA DRAFT NIGHT TRADE O 14 de xullo de 2014, foi traspasado xunto a dúas futuras eleccións de segunda rolda do Draft ós Orlando Magic, a cambio dos dereitos de Milovan Raković.Orlando Acquires Two Second Round Picks From Chicago Ó día seguinte, foi cortado polos Magic.

O 18 de agosto de 2014, Randolph asinou un contrato dun ano co PBC Lokomotiv Kuban ruso.

O 15 de xullo de 2016, asinou un contrato por unha tempada co Real Madrid da Liga ACB.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Perfil en ACB.com Perfil en Eurobasket.com

Categoría:Nados en 1989 Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores do PBC Lokomotiv Kuban Categoría:Xogadores do Real Madrid Baloncesto Categoría:Nados en Baviera