Alien: Resurrection é un filme estadounidense dirixido por Jean-Pierre Jeunet que se estreou en 1997. Cuarto filme da saga de Alien, e o primeiro da serie en ser rodado fóra de Inglaterra, nos estudios de 20th Century Fox dos Ánxeles (California).

No filme, que está ambientado 200 anos despois do filme anterior, Alien 3 (1992), Ellen Ripley (Sigourney Weaver) é clonada e unha raíña Alien é extraída cirurxicamente do seu corpo. A "United Systems Military" pretende criar aliens para estudalos e investigalos na nave espacial USM Auriga, usando hóspedes secuestrados e entregados a eles por un grupo de mercenarios. Os aliens escapan das súas gaiolas mentres Ripley e os mercenarios tentan escapar e destruír a Auriga antes de chega á Terra.

Alien: Resurrection foi estreado o 26 de novembro de 1997 e recibiu acollidas dispares por parte dos críticos de cine.

Sinopse Máis de douscentos anos despois da súa morte, Ripley (Sigourney Weaver) é resucitada mediante o emprego de técnicas avanzadas de clonación. Pero o ADN de Ripley mesturouse co da Raíña Alien durante o proceso, polo que os científicos pretenden recreala tamén. Ripley comeza entón a desenvolver certas características do perigoso alieníxena.

Personaxes Sigourney Weaver como Ellen Ripley Dan Hedaya como Xeneral Perez J. E. Freeman como Dr. Wren Brad Dourif como Dr. Gediman Carolyn Campbell como Dr. Williamson David St. James como Dr. Sprague Raymond Cruz como DiStephano Michael Wincott como Frank Elgyn Kim Flowers como Sabra Hillard Gary Dourdan como Christie Ron Perlman como Johner Dominique Pinon como Vriess Winona Ryder como Annalee Call Leland Orser como Purvis Tom Woodruff, Jr. como Alien

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 1997 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Jean-Pierre Jeunet Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes ambientados no futuro Categoría:Filmes sobre clonación Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América