Catalina González Bea, nada en Portonovo (Sanxenxo) en 1965, é unha política galega

Traxectoria Foi redeira. Concelleira de Sanxenxo polo PPdeG dende 1995, foi tenente de alcalde e concelleira responsable do Organismo Autónomo Terra Sanxenxo. Cando o alcalde Telmo Martín renunciou ao cargo, foi elixida alcaldesa en decembro de 2006La edil del PP Catalina González toma posesión como primera mujer alcaldesa de Sanxenxo. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixida alcaldesa con maioría absoluta. Volveu ser elixida alcaldesa, pero sen maioría absoluta, nas municipais de 2011. Cesou no seu cargo logo das municipais de 2015, ás que decidiu non presentarse, sendo substituída no cargo por Gonzalo Pita.

En xaneiro de 2019 fundou o partido Xuntos por Sanxenxo, co que se presentou ás eleccións municipais dese ano.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Sanxenxo

Ligazóns externas Entrevista

Categoría:Alcaldes de Sanxenxo Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Sanxenxo Categoría:Nados en 1965 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes