A Primeira División Feminina, coñecida comercialmente como Liga Feminina Iberdrola, é a máxima categoría da liga española de fútbol feminino, que organiza a RFEF dende 1988.

Formato Creada en 1988 co nome de Liga Nacional de fútbol feminino, na súa primeira edición (1988-89) constou dun único grupo con 9 equipos. Nas seguintes edicións introducíronse varios cambios no seu formato, de xeito que durante anos foi un torneo no cal os equipos estaban divididos en 4 grupos segundo criterios xeográficos, e que ó remate da tempada regular xuntaba ós gañadores de cada grupo nunha localidade e enfrontábaos entre si nunha final a 4 polo título.

A tempada 2001-02 foi a primeira coa denominación Superliga, que trouxo consigo o formato clásico de liga cun grupo único, no cal había 12 equipos. Ese número de equipos medrou na tempada 2003-04 a 14, e na tempada 2008-09 a 16.

A edición 2009-10 volveu ó antigo sistema de varios grupos e varias fases, cun crecemento no número de equipos de 16 a 24, o cal provocou moitas críticas entre o colectivo de xogadoras. Non obstante, o sistema mantívose na seguinte tempada, cun equipo mais.

Na tempada 2011-12 o nome Superliga foi trocado polo de Primeira División, e o formato consistiu novamente nun grupo único de 18 equipos, que disputan unha liga regular de 34 xornadas nas que cada equipo xoga 2 encontros fronte ós outros 17, un como local e outro como visitante.

Sistema de competición A competición dispútana anualmente 16 equipos que xogan nun único grupo enfrontándose todos contra todos a dobre partido (un partido en campo propio e outro en campo contrario), segundo un calendario previamente establecido por sorteo.

Os equipos puntúan en función dos seus resultados: tres puntos por partido gañado, un polo empate e ningún polas derrotas. O club que suma máis puntos ao termo do campionato proclámase campión de liga e obtén unha praza para a seguinte edición da Liga de Campións da UEFA, do mesmo xeito que o segundo clasificado. Así mesmo, os oito primeiros clasificados disputan a Copa da Raíña ao termo da liga. Os dous últimos equipos descenden a Primeira División B e desta ascenden reciprocamente dous equipos.

Equipos Os equipos participantes na edición 2019-20 da Primeira División de fútbol feminino serán os seguintes:

ClubCidadeEstadioAthletic Club EFT Bilbao LezamaClub Atlético de Madrid Madrid Cerro del EspinoC.D. TACON Madrid Ciudad Real MadridDeportivo Feminino A Coruña Cidade Deportiva de AbegondoEDF Logroño Logroño Las GaunasFutbol Club Barcelona Barcelona Estadi Johan CruyffLevante U.D. Valencia El TerrerMadrid C.F.F. Madrid Estadio Municipal MatapiñoneraRayo Vallecano Madrid Ciudad Deportiva Rayo Vallecano Real Betis Féminas Sevilla Ciudad Deportiva Luis del SolR.C.D. Español Barcelona Ciutat Esportiva Dani JarqueReal Sociedad San Sebastián Instalaciones de ZubietaSevilla F.C. Sevilla Ciudad Deportiva José Ramón Cisneros PalaciosSporting de Huelva Huelva Campo Federativo de La OrdenU.D.G. Tenerife Granadilla de Abona La Hoya del Pozo (El Médano)Valencia CF Valencia Estadio Municipal Antonio Puchades

Palmarés 250px|miniatura|dereita|O Athletic Club EFT festexando o título en 2007. 250px|miniatura|dereita|Imaxe dun encontro Levante-Huelva. 250px|miniatura|dereita|O RCD Espanyol, campión da Liga en 2006 e da Copa en 2010. Tempada Campión SubcampiónPrimeira División Feminina 2018-19 Atlético de Madrid FC Barcelona 2017-18 Atlético de Madrid FC Barcelona 2016-17 Atlético de Madrid FC Barcelona 2015-16 Athletic Club EFT FC Barcelona 2014-15 FC Barcelona Atlético de Madrid 2013-14 FC Barcelona Athletic Club EFT 2012-13 FC Barcelona Athletic Club EFT 2011-12 FC Barcelona Athletic Club EFT 2010-11 Rayo Vallecano RCD Espanyol 2009-10 Rayo Vallecano RCD Espanyol 2008-09 Rayo Vallecano Levante UD 2007-08 Levante UD Rayo Vallecano 2006-07 Athletic Club EFT RCD Espanyol 2005-06 RCD Espanyol Sevilla FC 2004-05 Athletic Club EFT Levante UD 2003-04 Athletic Club EFT CE Sabadell 2002-03 Athletic Club EFT Levante UD 2001-02 Levante UD CF Puebla 2000-01 Levante UD Eibartarrak FT 1999-00 CF Irex Puebla AD Torrejón CF 1998-99 Oroquieta Villaverde CF Irex Puebla 1997-98 Club Atlético Málaga Sant Vicent Valencia CFF 1996-97 Sant Vicent Valencia CFF Añorga KKE 1995-96 Añorga KKE Oroquieta Villaverde 1994-95 Añorga KKE Oroquieta Villaverde 1993-94 Oroquieta Villaverde Añorga KKE 1992-93 Oroquieta Villaverde Añorga KKE 1991-92 Añorga KKE Barcelona Formas 1990-91 Oiartzun KE Atlético Villa de Madrid 1989-90 Atlético Villa de Madrid Peña Barcelonista Barcilona 1988-89 Peña Barcelonista Barcilona CF Parque Alcobendas

Véxase tamén Ligazóns externas Clasificación na tempada 2011-12 Portal do fútbol feminino Información sobre o torneo en ceroacero

Categoría:Competicións de fútbol feminino en España