Monster's Ball é un filme estadounidense dirixido por Marc Forster que se estreou no 2001. Está protagonizado por Billy Bob Thornton, Halle Berry, e Heath Ledger.

Sinopse A familia Grotowski está formada por Hank, o seu fillo Sonny e o seu pai Buck. Tres xeracións cuxo traballo na prisión federal do estado de Louisiana consiste en executar ós condenados a morte. O patriarca da familia, xa retirado, transmitiu ó seu fillo o odio cara a xente de cor, pero o seu neto Sonny parece apartarse da tradición familiar. Cando o gobernador da luz verde á execución de Lawrence Musgrove, un home negro, desencadearanse unha serie de traxedias que cambiarán a vida de Hank.

Personaxes Billy Bob Thornton como Hank Grotowski Halle Berry como Leticia Musgrove Heath Ledger como Sonny Grotowski Peter Boyle como Buck Grotowski Sean Combs como Lawrence Musgrove Mos Def como Ryrus Cooper Coronji Calhoun como Tyrell Musgrove Charles Cowan, Jr. como Willie Cooper

Galardóns e nomeamentos 2001: Oscar: Mellor actriz (Halle Berry). 2 nomeamentos. 2001: Nomeada ó Globo de Ouro: Mellor actriz - drama (Halle Berry). 2002: Nomeada Premios BAFTA: Mellor actriz (Halle Berry). 2001: 2 premios National Board of Review: Mellor actor (Billy Bob Thornton) e actriz (Halle Berry). 2002: Festival de Berlín: Oso de Prata - Mellor actriz (Halle Berry).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 2001 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Marc Forster Categoría:Filmes de Lions Gate Entertainment Categoría:Filmes rodados en Luisiana Categoría:Filmes sobre temas raciais Categoría:Filmes sobre racismo Categoría:Filmes sobre loito Categoría:Filmes ambientados en Xeorxia, Estados Unidos de América