A Escola Politécnica Superior de Lugo, é un centro pertencente a Universidade de Santiago de Compostela sito no Campus Universitario de Lugo, no que actualmente se imparten os diferentes enxeñarías técnicas, enxeñarías superiores e másters, que co Espazo Europeo de Educación Superior e o conseguinte cambio de plan de estudos pasan a ser graos e másters. Historia Esta escola creouse por Decreto 26/1993, de 11 de febreiro, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Nun principio integrou as Escolas Universitarias de Enxeñería Técnica Agrícola, existente dende o ano 1967, de Enxeñería Técnica en Explotacións Forestais, a Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Agrónomos e a daquela recentemente creada Escola Técnica Superior de Montes. Tradicionalmente veu impartindo as titulacións da área agraria e forestal e sendo na actualidade un importante polo de referencia no desenvolvemento do Sector Agrario e Forestal de Galicia, a través dos seus obxectivos esenciais: a formación de titulados técnicos universitarios agrícolas e forestais e a realización de estudos técnicos e de investigación encamiñados a resolver problemas do sector. Aínda que co paso do tempo como no caso do resto do Sistema Universitario Galego acadar financiamento externo e os conflitos interdepartamentais fixeron que esta misión de servizo ao país perdese moita importancia na que estaba chamada a ser o motor do agro galego.

Dende o curso 2003-04, impártense tamén no Centro dúas titulacións do ámbito da Enxeñaría Civil: Enxeñaría Técnica de Obras Públicas e Enxeñaría Técnica en Topografía.

Obxectivos do centro Os obxectivos iniciais deste centro foron, primeiro contribuír á especialización do Campus de Lugo, mantendo sempre a coexistencia de ensinanzas Técnicas e de Humanidades. E agrupar as Titulacións por grandes áreas científicas para favorecer a consolidación de unidades departamentais e acadar un mais fácil aproveitamento dos recursos de infraestruturas e a xeración de sólidas liñas de investigación.

Titulacións con presenza Antigo Plan de Estudos Enxeñaría Técnica Agrícola Enxeñaría Técnica Forestal Enxeñaría Agrónoma Enxeñaría de Montes Enxeñaría Técnica en Topografía Enxeñaría Técnica en Obras Públicas

Plan de Estudos correspondentes co EEES Enxeñaría Agrícola e do Medio Rural Enxeñaría das Industrias Agroalimentarias Enxeñaría Forestal e do Medio Natural Enxeñaría Civil Enxeñaría Xeomática e Topografía Investigación Agraria e Forestal Enxeñaría para o Desenvolvemento Rural Dirección de Proxectos Arquitectura da paisaxe Juana de Vega Industria e Economía Leiteira Xestión sustentábel da Terra e do Territorio

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do centro Páxina da escola no Facebook

Categoría:Facultades en Lugo Categoría:Lugo sen imaxes Categoría:Enxeñaría