Xosé Manuel Varela Varela, nado en Malpica de Bergantiños en 1967, é un escritor, profesor e divulgador cultural galego.

Traxectoria Especialista en lingua e literatura galega, colabora en distintos medios de comunicación radicados na Costa da Morte. Traballou como dinamizador sociolingüístico e cultural e participou en proxectos de divulgación turística dos concellos de Cabana e Malpica. Exerce como docente de lingua e literatura galega no colexio Fogar de Santa Margarida (A Coruña). Ademais, foi secretario fundador do Instituto de Estudos Bergantiñáns é patrón da Fundación Eduardo Pondal. É o director da colección Costa da Morte de Edicións Embora (Ferrol) ademais de director da revista cultural As Mallas da Area.

Obras Poesía Casa vouga, 2003, Asociación Cultural Raigañas.

Ensaio No confín dos verdes castros. Cabana de Bergantiños. A harmonía da Costa da Morte, 1999, Concello de Cabana de Bergantiños. Camiños polo concello de Malpica de Bergantiños. Doce itinerarios para coñecer a beira norte da Costa da Morte, 2000, Concello de Malpica. O Anllóns. Material pedagóxico da comarca de Bergantiños, 2002, Xunta de Galicia. Guía do miradoiro de aves José Luís Rabuñal Patiño, 2008, Concello de Cabana de Bergantiños. O regueifeiro Celestino Álvarez Castro «Celestrino», 2009, Asociación de Veciños Monte d'Arxa. Francisco Bernis. Las islas Sisargas. Dos visitas ornitológicas, 2018, con Antonio Sandoval, Edicións Embora.

Literatura infanto-xuvenil Tralas pegadas da historia nas beiras do Anllóns, 1998, Concello de Cabana de Bergantiños. O grilo Míllelo, con Icía Varela Gómez, 2014, Embora Edicións.

Edicións literarias Asunción Antelo Suárez. Páxinas da rexubeira de Bergantiños, 1995, Asociación Cultural Monte Branco, O Couto (Ponteceso). Obra completa, de Enrique Labarta Pose, 1995, Edinosa. Do Courel ó Monte Branco. Escolma poética, de Uxío Novoneyra, 1996, Asociación Cultural Monte Branco, O Couto (Ponteceso). Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas, 1997, Asociación Cultural Monte Branco/Asociación Neria, O Couto, Ponteceso. Saturnino Cuíñas Lois. Fotobiografía dun cura exemplar e folclorista benemérito, 1997, Concello de Cabana de Bergantiños. O trasno rebuldeiro, 1997, Asociación Cultural Monte Branco/Asociación Neria. María Baña Varela. Falaba de ser poeta, 1998, Concello de Cabana de Bergantiños/Caixa Galicia. Asunción Antelo Suárez. As penurias dun amor, 1999, Asociación Cultural Monte Branco, O Couto, Ponteceso. Alfredo Brañas. Textos en galego, 2001, Xunta de Galicia. María Baña Varela. Colleita poética, 2004, Concello de Cabana de Bergantiños/Caixa Galicia. Recordos dun regueifeiro. Fermín Calvo Gómez, 2007, Concello de Cabana de Bergantiños. Regueifa dunha vida. José González Muíño (O Atrevido de Grixoa), 2008, Concello de Cabana de Bergantiños. Plácido Vigueret Villar. Poemas, 2008, Concello de Cabana de Bergantiños. Antoloxía. Miguel A. Mato Fondo, 2009, Fundación Eduardo Pondal. Hermosinda Varela Lema. Recordos da miña memoria, 2010, Concello de Cabana de Bergantiños. Dolores Cancela Pérez. Cancioneiro de Buño, 2022, con Antonio Fernández, Edicións Embora, Ferrol.

Obras colectivas Contos, de Enrique Labarta Pose, 1996, Galaxia. Coeditor con Xosé María Lema Suárez. Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas, 1997, Asociación Cultural Monte Branco,coordinación editorial xunto con Rafa Villar. José Mas. A Costa da Morte. Novela e guía de viaxe a un tempo ido, 1998, Edicións Lea. Tradución. Olería de Buño, 1998, Asociación Oleira de Buño/Concello de Malpica de Bergantiños/Xunta de Galicia. Manuel Lema Otero. Manuel do Monte, o home dos pitos, pintor naïf, Deputación da Coruña/Concello de Cabana de Bergantiños. Lingua e Literatura. 4º ESO, 2005, Rodeira. Do máis fondo do silencio saen voces, antoloxía poética colectiva, 2006, Asociación Panda de Relacións Laborais. De Pondal ao Batallón Literario (120 anos de poesía na Costa da Morte), 2009, Sotelo Blanco. Salvador Parga Pondal. Comarca natural de Bergantiños, 2010, AGADER, Tradución. Dolores Cancela Pérez. Cancioneiro de Buño, 2022, con Antonio Fernández, Edicións Embora, Ferrol. Cantareiras, 2025, con Icía Varela, Edicións Xerais, Vigo. Pandeireteiras, 2025, con Nerea Gómez Carro e Icía Varela, Edicións Embora, Ferrol. Begoña Caamaño (2026). . Ferrol: Ed. Embora. 48 páxs. ISBN 978-84-19853-33-2. Con Icía Varela e Nerea Gómez.

Prólogos "Toponomista, narrador, toponomista e narrador, toponomista ou narrador, toponomista e/ou narrador, toponomista-narrador" en Domingo de Resurrección, de Fernando Cabeza Quiles, 2005, Editorial Toxosoutos. "Desmemoria dos fillos das corredoiras" en Reválida de sexto, de José Antonio Andrade Figueiras, 2008. "Homenaxe necesaria e merecida ós devanceiros musicais de Corme" en A música en Corme, de Jesús Méndez Torrado, 2008. "Un relato imprescindible para sabermos das 'Vellas de Mens'" en As Vellas de Mens de José Manuel Fernández Pensado, 2025, Editorial Galaxia.

Premios Gañador do premio Bergantiños desde os Libros no 2000, por Camiños polo concello de Malpica de Bergantiños. Doce itinerarios para coñecer a beira norte da Costa da Morte. Mención especial no IV Certame Xornalístico Neria-El Correo Gallego en maio de 2000 polo traballo "A romaría de Santo Adrián en Malpica de Bergantiños".

Véxase tamén Bibliografía Xosé María Rei Lema, Dicionario de escritores e escritoras da Costa da Morte, 2011, Seminario de Estudos Comarcais, Vimianzo. Ligazóns externas Ficha do autor no sitio web de Edicións Xerais de Galicia.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Nados en Malpica de Bergantiños Categoría:Nados en 1967 Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Filólogos de Galicia