O bordo lateral ou axilar da escápula está situado na parte máis externa do óso. Esténdese dende a cavidade glenoide da escápula ata o ángulo inferior. Xusto por encima da súa orixe áchase o tubérculo infraglenoide da escápula, que é o punto de inserción da porción longa do tríceps. Nalgúns casos pode haber febras de inserción do músculo subescapular e na parte inferior, atópase a inserción cranial do músculo redondo maior. Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomy of the human body . Edición de 1918 de dominio público.

Categoría:Escápula