miniatura|300px|Un siluriforme (Pterygoplichthys multiradiatus) Os ostariofisos (Ostariophysi) son unha superorde de peixes teleósteos. Comprende un bo número de peixes de auga doce.
Características Caracterízanse por presentar o aparato de Weber. Adoitan ter a vexiga natatoria diferenciada nunha rexión cefálica e outra caudal.
O aparato de Weber é unha cadea de pequenos ósos (as 4-5 vértebras anteriores modificadas), que conectan a vexiga natatoria co oído interno. Actúa a modo de caixa de resonancia e amplifica as vibracións e transmíteas ó oído interno, así como as variacións de presión. Déuselle este nome en honor do anatomista e fisiólogo alemán Ernst Heinrich Weber (1795–1878).
Clasificación Divídense en cinco ordes: Orde Gonorynchiformes Orde Cypriniformes Orde Characiformes Orde Gymnotiformes Orde Siluriformes
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Teleósteos