José Caldas Iglesias, nado en Vigo en 1898 e finado na mesma cidade o 12 de maio de 1937, foi un traballador metalúrxico, mestre e concelleiro galego. Traxectoria miniatura|Lugar de memoria na Fortaleza do Castro Foi mestre na Escola Elemental de Traballo de Vigo e concelleiro dese concello.

Foi detido por estar no Concello de Vigo o día da lectura do bando do Golpe de Estado militar franquista en Vigo. Xulgado en consello de guerra sumarísimo xunto con Antonio Carballo Vázquez foi condenado a morte. Fusilárono no castelo do Castro.

A súa filla Carmen Caldas Vázquez foi nomeada Viguesa Distinguida en 1992.Vigueses distinguidos 1985-2011. p. 49. Fundación Vigueses Distinguidos. Concello de Vigo. 2012 .

Na cultura A súa neta Mar Caldas realizou un proxecto artístico, 12 de maio de 1937, sobre a súa historia e a da súa familia.

Notas

Véxase tamén Bibliografía (2013). "Vigo: ocupación de libros e documentos" (2019). "Sindicalistas de Vigo (1)"

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Fusilados Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos