A glicosa 1-fosfatoChemSpider Glucose 1-phosphate (tamén escrita glicosa-1-fosfatoPubChem compound Glucose-1-phosphate) é unha molécula de glicosa que leva un grupo fosfato esterificado no carbono 1.

Reaccións Catabolismo: Na reacción de glicoxenólise (degradación do glicóxeno) é o produto da reacción levada a cabo pola glicóxeno fosforilase, ao hidrolizar un polímero de glicóxeno, do cal escinde moléculas de glicosa en forma de glucosa 1-fosfato. Posteriormente, e para que esta glicosa poida ser utilizada no catabolismo celular, a glicosa 1-fosfato é convertida en glicosa 6-fosfato por medio da catálise levada a cabo polo encima fosfoglicomutase. Unha das razóns polas que se forma glicosa 1-fosfato en lugar de formarse directamente glicosa durante a fosforólise do glicóxeno, é que o grupo fosfato confire unha elevada polaridade á molécula de glicosa, o que impide que poida atravesar a membrana celular, quedando así marcada para incorporarse ao catabolismo intracelularJeremy M. Berg, John L. Tymoczko & Lubert Stryer: Biochemistry, 6ª edición, s. 450,594-595, 604. W. H. Freeman and Company, 2006. ISBN 978-0-7167-8724-2.. A galactosa pode formar UDP-galactosa, e esta UDP-glicosa, que orixina glicosa 1-fosfato, que se pode incorporar á glicólise. Anabolismo: Na glicoxenoxénese (formación de glicóxeno), as moléculas de glicosa 1-fosfato poden reaccionar con UTP para formar UDP-glicosaA. Lehninger. Principios de Bioquímica. (1988). Omega. Páxinas 414-415, 572-573. ISBN 84-282-0738-0, pola acción do encima UDP-glicosa pirofosforilase. Desta forma, pode ser utilizado na síntese de glicóxeno por medio da glicóxeno sintase.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Ruta da pentosa fosfato Glicólise Glicosa 1,6-bisfosfato

Ligazóns externas MeSH Supplementary Concept Data

Categoría:Ésteres Categoría:Monosacáridos Categoría:Organofosfatos