Antonio González Groveiro, nado no Porto do Son o 10 de maio de 1944, é un empresario e político galego. Foi alcalde do Porto do Son entre 1979 e 1995.
Traxectoria Militante do PCG, nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura da AMDG á alcaldía do Porto do Son e foi elixido alcalde grazas a un pacto de goberno. En 1981 abandona o PCG e en 1982 ingresa no PSdeG-PSOE. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura do PSdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1987 volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta e nese ano realizou unhas declaracións sobre unha xornalista que lle custaron unha condena da Audiencia por un delito de inxurias graves, liderou unha campaña contra o patrón maior da confraría, acusándoo dun presunto desfalco, e permitiu a destrución do castro da Enxa para construír o Servizo de Vixilancia Marítima. Foi deputado provincial entre 1983 e 1991. Nas municipais de 1991 volveu ser alcalde con maioría absoluta e en decembro dese ano o Tribunal Supremo revogou a súa condena"Absuelto un alcalde que quiso revelar "propuestas íntimas" de una periodista" El País, 8 de decembro de 1991 . Tivo varias polémicas co PSdeG e en agosto de 1992 anunciou o abandono do partido, xunto con todo o grupo de goberno e algunhas decenas de militantes. Nas municipais de 1995 presentouse como cabeza de lista polo PPdeG, pero non foi alcalde ao pactar PSdeG e BNG. Volveu presentarse en 1999 e 2003, pero non volveu ser elixido alcalde. Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais no Porto do Son
Ligazóns externas "Antonio González Groveiro, primeiro alcalde democrático de Porto do Son" en La Voz de Galicia
Categoría:Nados en 1944 Categoría:Nados no Porto do Son Categoría:Alcaldes do Porto do Son Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Concelleiros de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Políticos do PCG Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes