Luciano Sobral Fernández, nado en Poio en 1953, é un político galego do BNG.
Traxectoria Autónomo de transporte. Foi concelleiro e cabeza de lista do BNG en Poio dende 1979. Nas eleccións municipais de 1995 foi elixido alcalde de Poio co apoio do PSdeG-PSOE, formando un goberno bipartito. Nas municipais de 1999 e 2003 foi reelixido alcalde con maioría absoluta.
Nas municipais de 2007 perdeu a maioría absoluta e viuse obrigado a pactar co PSdeG-PSOE para mantela alcaldía, formando un goberno de coalición. En 2011 recuperou posicións e foi a forza máis votada, se ben non alcanzou a maioría absoluta, polo que volveu ser elixido alcalde co apoio do PSdeG e formou un novo goberno bipartito. En 2015 foi a forza máis votada e revalidou a alcaldía cun novo pacto de goberno cos socialistas. No 2019 foi amplamente superado en votos polo PPdeG, se ben este non alcanzou a maioría absoluta e puido manter a alcaldía mediante un pacto de goberno co PSdeG e Avante Poio. Non se presentou á reelección no 2023, sendo relevado como cabeza de cartel do BNG pola súa compañeira Marga Caldas e finalmente na alcaldía polo popular Ángel Moldes Martínez.
Notas
esquerda|miniatura
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Poio
Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia Entrevista en Faro de Vigo
Categoría:Alcaldes de Poio Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Poio Categoría:Nados en 1953