Santa Mariña de Barxas (Barjas en castelán e oficialmente) é unha entidade do concello homónimo da provincia de León. É a capital do concello.
Situación A aldea tópase nun val, a uns 850 metros sobre o nivel do mar. Dista 56 km de Ponferrada e 165 km de León.
Poboación Segundo o INE, no 2010 vivían nesta aldea 49 veciños (22 homes e 27 mulleres). O que supón un descenso do 29 % respecto ao ano 2000, cando vivían no lugar 69 persoas.
Evolución da poboación da parroquia dende o 2000 ao 2010: 2000 2004 2008 2010 69 76 53 49
Servizos Xa que é a capital do concello, nesta aldea hai unha farmacia, unha igrexa, entre outros.
Categoría:Parroquias de Barxas