Luther Dale Head, nado o 26 de novembro de 1982 en Chicago, Illinois, é un xogador americano de baloncesto profesional que actualmente xoga no CB Valladolid da Liga ACB.
Traxectoria profesional Houston Rockets Na tempada 2005-06, Head xogou en 80 partidos, sendo titular en 27. Rematou a tempada acadando 8.8 puntos e 2.7 asistencias por partido. Tras a tempada, Head foi incluído no segundo mellor equipo de rookies da NBA.ESPN – Paul a unanimous selection for All-Rookie Team – NBA
miniatura|esquerda|Luther Head xogando para os Rockets Na tempada 2006-07, fixo 10.8 puntos, 3.2 rebotes e 2.4 asistencias, e amosou ser un gran reserva para os Houston Rockets,ESPN.com – Two Lakers, two Rockets make All-Quasar Team, February 13, 2007 especialmente coas ausencias de Tracy McGrady e Yao Ming debido ás lesións. O 4 de abril de 2007, coa ausencia de McGrady e Yao, Head anotou 30 puntos, o máximo da súa carreira, na derrota contra os Golden State Warriors.
O 19 de febreiro de 2009, Head reuniuse de novo co seu compañeiro na Universidade de Illinois Brian Cook, despois de ser adquirido polos Rockets dos Orlando Magic, pero ese encontro durou pouco, xa que o 28 de febreiro os Rockets despediron a Head.Rockets waive guard Luther Head
Miami Heat O 3 de marzo, Head asinou cos Miami Heat. Tras un pequeno período cos Heat, Head mancouse unha man contra os Orlando Magic, o cal lle fixo perder o resto da tempada.
Indiana Pacers O 17 de setembro de 2009, asinou un contrato cos Indiana Pacers.http://www.indystar.com/article/20090917/SPORTS04/90917038/1088/Pacers+sign+shooting+guard+Luther+Head
Sacramento Kings O 5 de setembro de 2010, asinou un contrato cos Sacramento Kings. No seu primeiro partido cos Kings, saíu do banco para anotar 14 puntos na vitoria por 117-116 contra os Minnesota Timberwolves o 27 de outubro de 2010. O 19 de marzo de 2011, foi despedido polos Kings.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Perfil en Fighting Illini
Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores do CB Valladolid Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados en Chicago