Charles Louis Alphonse Laveran, nado en París o 18 de xuño de 1845 e finado en París o 18 de maio de 1922, foi un médico francés, premio Nobel de Medicina en 1907.

Traxectoria Estudou na Escola Militar de Medicina de Estrasburgo e serviu como cirurxián do exército na guerra franco-prusiana. En 1878 foi enviado a Alxeria como membro da Escola Militar de Medicina de Val-de-Grâce, onde se dedicou a estudar o paludismo. Froito destes estudos foi o descubrimento do plasmodio, parasito produtor da enfermidade, aínda que non conseguiu determinar o mecanismo de transmisión da malaria, que sería descuberto por Ronald Ross uns anos máis tarde.

O 6 de novembro de 1880 observou por primeira vez no microscopio -nun preparado de sangue dun enfermo de paludismo-, corpúsculos móbiles, que debuxou e describiu de maneira detallada. "Trátase de células pigmentadas, redondas ou curvadas en forma de media lúa, que se moven como amebas".

En 1894 pasou a prestar servizos no Instituto Pasteur de París, que chegou a dirixir máis tarde. En 1907 fundou o Laboratorio de Enfermidades Tropicais do mesmo Instituto.

Recibiu o Premio Nobel de Medicina en 1907 «en recoñecemento do seu traballo relativo ó papel desempeñado polos protozoos na orixe das enfermidades».

Véxase tamén

Ligazóns externas Biografía completa Biografía en historiadelamedicina.org

Categoría:Premio Nobel de Medicina Categoría:Médicos de Francia Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1845 Categoría:Finados en 1922 Categoría:Premios Nobel de Francia