Vicenç Navarro López, nado en Barcelona en 1937, é un economista, sociólogo e politicólogo catalán. É catedrático de Ciencias Sociais pola Universidade Pompeu Fabra.

Traxectoria Licenciouse en Medicina en 1962 na Universidade Pompeu Fabra, pero ese mesmo ano debe abandonar España como consecuencia da súa actividade antifranquista. Aséntase en Suecia, onde estuda economía en Uppsala e Estocolmo, e posteriormente no Reino Unido, proseguindo os seus estudos en Londres, Oxford e Edimburgo. Dende 1967 e durante 35 anos foi profesor da Universidade Johns Hopkins, en Baltimore, Estados Unidos.

Centrado en estudos arredor do estado do benestar, Navarro é enormemente crítico coa estrutura económica neoliberalista, arredor da cal ten publicado numerosos artigos en xornais e revistas como Público, Rebelión.org ou El Plural, ademais de libros como o acabado de saír Hay alternativas, de distribución libre, onde propón, xunto con Alberto Garzón e Juan Torres López, unha serie de medidas afastadas da retórica oficial para crear emprego e benestar no estado español. Adicionalmente, ten asesorado a distintos gobernos, como os de Cuba, Estados Unidos, Chile ou Suecia, sobre política sanitaria.

Obras Neoliberalismo y Estado del Bienestar (2000). Madrid, Ariel Económica. Globalización Económica, Poder Político y Estado del Bienestar (2001). Madrid, Ariel Económica. Bienestar Insuficiente, Democracia Incompleta. De lo que no se habla en nuestro país (2002). XXX Premio Anagrama de Ensayo. Barcelona: Anagrama The Political Economy of Social Inequalities. Consequences for Health and Quality of Life (2002). El estado de Bienestar en España (2003). El estado de Bienestar en Cataluña (2003). Political and Economic Determinants of Population Health and Well-Being (2004). Baywood (with C. Muntaner). The Political and Social Context of Health (2004). Baywood. El subdesarrollo social de España: causas y consecuencias (2006). Barcelona: Anagrama. Hay alternativas (con Juan Torres López e Alberto Garzón, 2011). Editorial Sequitur.Hay alternativas. Libre descarga dende rebelion.org

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Vicenç Navarro

Categoría:Economistas de Cataluña Categoría:Sociólogos de España Categoría:Politicólogos Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1937 Categoría:Alumnos da Universidade Pompeu Fabra Categoría:Catedráticos da Universidade Pompeu Fabra