miniatura|300px|sabalote (Chanos chanos) Os Gonorrinchiformes (Gonorynchiformes) son unha orde de peixes teleósteos, dentro da superorde Ostariofisos (Ostariophysi). Comprende un reducido número de especies actuais e numerosas especies fósiles. Dentro desta orde está o sabalote (Chanos chanos), de certa importancia comercial.
Características Posúen bocas pequenas, sen dentes, e un primitivo aparato de Weber. Este é unha cadea de pequenos ósos (as 4-5 vértebras anteriores modificadas), que conectan a vexiga natatoria co oído interno. Actúa a modo de caixa de resonancia e amplifica as vibracións e transmíteas ó oído interno, así como as variacións de presión.
Clasificación Divídense en tres subordes e catro familias: Suborde Chanoidei: Familia Chanidae Suborde Gonorynchoidei: Familia Gonorynchidae Suborde Knerioidei: Familia Kneriidae Familia Phractolaemidae
Véxase tamén Ligazóns externas
Taxonomía ITIS Taxonomía FishBase
Categoría:Teleósteos