miniatura|Jesús Posada (centro) e Eduardo González Mazo (esquerda) no Claustro Extraordinario da Universidade de Cádiz, acto de Investidura de novos doutores no ano 2012. Jesús María Posada Moreno, nado en Soria o 4 de abril de 1945 é un político e funcionario español.

Traxectoria Foi gobernador civil de Huelva (1979-1981), presidente da Xunta de Castela e León (1989-1991) e ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación (1999-2000) e de Administracións Públicas (2000-2002) do Goberno español. É deputado pola provincia de Soria dende 1993 e dende o 31 de decembro de 2011 até o 27 de outubro de 2015 foi o presidente do Congreso dos Deputados.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Gobernadores civís de Huelva Categoría:Ministros do Goberno de España da VI Lexislatura Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP Categoría:Políticos do PP Categoría:Presidentes do Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Soria Categoría:Nados en 1945 Categoría:Conselleiros da Xunta de Castela e León Categoría:Ministros do Goberno de España da VII Lexislatura