Os lofiiformes ou lofiformes (Lophiiformes) son unha orde de peixes teleósteos, da superorde dos paracantopterixios (Paracanthopterygii).

Son peixes mariños, normalmente de augas pouco profundas, areosas e limosas. Inclúe especies tan coñecidas e apreciadas como o peixe sapo ou rabada.

Características Adoitan teren cabezas enormes, anchas, chatas e deprimidas dorsoventralmente, co resto do corpo reducido como se fose un apéndice da cabeza. A boca tamén é desproporcionadamente grande, con longos e afiados dentes dirixidos cara a atrás. As mandíbulas e o estómago son distensibles, o que lles permite tragar peixes máis grandes ca eles. Poden alcanzar tamaños de ata 2 m e pesos máximos de 30 kg.

A pel é núa. As aletas carecen de espiñas e as pectorais están sostidas por un curto brazo. Esta característica explica o nome de pediculados (Pediculati) co que tamén se coñece esta orde. Con estas "patas", as especies bentónicas son quen de "camiñar" polo chan do océano.

Resulta característica a modificación que sofre a primeira aleta dorsal: o primeiro ou primeiros raios espiñosos transfórmanse nun apéndice filiforme, rematado por un ensanchamento carnoso, que lles serve para atraer as presas e podelas enviar para a boca, nun rápido movemento, cando están próximas.Cousseau, María Berta et al. (2010): Ictiología. Aspectos fundamentales. La vida de los peces sudamericanos. Eudem (Editorial de la Universidad Nacional de Mar del Plata). ISBN 9879871371419.

Xeralmente son peixes abisais que viven en augas tan profundas que non existe luz, polo que algunhas especies hainos que desenvolven órganos bioluminiscentes.

Clasificación miniatura|250px|Melanocetus johnsonii. miniatura|250px|Lophius budegassa.

Divídense en tres subordes, con 16 familias:Froese, Ranier e Daniel Pauly, eds. Lophiiformes FishBase. Versión de setembro de 2009. Consultada o 13/11/2012.

Suborde Antennarioidei Familia Antennariidae Familia Brachionichthyidae Suborde Lophioidei Familia Lophiidae Suborde Ogcocephalioidei Superfamilia Ceratioidea Familia Caulophrynidae Familia Centrophrynidae Familia Ceratiidae Familia Diceratiidae Familia Gigantactinidae Familia Himantolophidae Familia Linophrynidae Familia Melanocetidae Familia Neoceratiidae Familia Oneirodidae Familia Thaumatichthyidae Superfamilia Chaunacioidea Familia Chaunacidae Superfamilia Ogcocephalioidea Familia Ogcocephalidae

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Miya, M.; T. Pietsch; J. Orr; R. Arnold; T. Satoh; A. Shedlock; H. Ho; M. Shimazaki e M. Yabe (2010): "Evolutionary history of anglerfishes (Teleostei: Lophiiformes): a mitogenomic perspective". BMC Evolutionary Biology 10': 58. Amplo resumo Consultado o 13/11/2012. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World''. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos Osteíctios Teleósteos

Ligazóns externas Lophiiforme pescando. Vídeo Consultado o 13/11/2012.

Categoría:Lofiformes