As interferencias semánticas co español son pouco frecuentes. Velaquí algunhas:
almorzar por xantar: Almorzar é en galego a realización da primeira comida do día. En castelán significa xantar (ó mediodía). escaleira por escada: En castelán non existe esta diferenciación. É frecuente o castelanismo semántico que substitúe o vocábulo escaleira por escada. En galego a escada é a transportábel, e as escaleiras están fixadas no chan. axuntamento (acción e efecto de xuntar) por concello (corporación, termo, xurisdición municipal). grado (de bo grado equivale a voluntariamente, gustosamente) por grao. quentamento por quecemento. recorrer/recorrido por percorrer/percorrido. roxo por vermello: Vermello é encarnado ou colorado, e roxo é unha cor que vai entre o amarelo dourado e o acastañado, mais non coinciden. rubio por louro: A cor rubia ou ruba coincide co vermello (ex. O pícaro tiña os ollos rubios quere dicir encarnados), e o louro vén sendo o dourado, aplicado á cor do cabelo moitas veces). solo por chan: O solo é a superficie terrestre ou un terreo delimitado, e está a ceo aberto; o chan é a superficie pola cal se camiña, adoita estar construído e pode estar baixo teito. sono por soño: O sono pode ser a gana ou desexo de durmir, e tamén o estado de repouso durante o cal durmimos; polo contrario, o soño son as imaxes oníricas.
Categoría:Lingüística galega