Gonzalo Torrente Malvido, nado en Ferrol o 4 de abril de 1935 e finado en Madrid o 26 de decembro de 2011, foi un escritor, tradutor e autor de guións cinematográficos galego.
Traxectoria Foi o segundo fillo, e o maior entre os homes, de Gonzalo Torrente Ballester e da súa primeira muller, Josefina Malvido Lorenzo.
Licenciado en Filoloxía hispánica, trasladouse a Madrid e comezou a publicar novelas nos anos sesenta. Co seu primeiro volume, Hombres varados, chegou a ser finalista do Premio Nadal en 1960, e tres anos máis tarde conseguiu o Premio Café Gijón, daquela un importante galardón da escena literaria madrileña, con La raya. Habitual de festas e excesos durante o franquismo, en 1968 foi condenado a unha pena de cárcere por suplantación de personalidade. Posteriormente viviu en diversas cidades da costa mediterráneaBLEIBERG, G. (ed). Dictionary of the Literature of the Iberian Peninsula, 1993, Greenwood Press..
Escritor de novela negra, relato e novela breve, tamén foi o autor da biografía oficial do seu pai, así como da adaptación dunha das súas novelas, Crónica del rey pasmado ao cine, o que lle valeu un Premio Goya en 1992. Como tradutor, destacou sobre todo por verter ao español boa parte das novelas de Georges Simenon que tiñan como protagonista ao comisario Maigret. Durante os últimos anos da súa vida pasou algún tempo como esmolante, durmindo nun parque de MadridGonzalo Torrente Malvido: "La vida es más dura que la madera de los bancos donde he dormido", La Opinión de A Coruña, 10/10/2010., ao tempo que daba recitais de poesía en diversos locais da cidade.
Obra Ficción Hombres varados, 1963 (finalista do Premio Nadal) La Raya, 1963, Premio Café Gijón La muerte dormida y otras narraciones, 1963 Balada de Juan Campos, 1963 Tiempo provisional, 1968, Premio Sésamo 1969. Cuentos de mala vida, 1980 (contos) Sonata en muerte menor, 1981 Introducción al crimen de la herradura, 1985 (novela negra) Teorema del mal, 1986 (novela negra) Cuentos recuperados de la papelera, 1986 (contos) Doce cuentos ejemplares, 1986 (contos, narración duns encontros con Camarón de la Isla e RancapinoTorrente Malvido convierte en literatura sus juergas con Camarón, El País, 29/11/1996].). Escenas amatorias, 1992 Puro cuento, 2005
Non ficción Apéndices a Baroja y su mundo: breve censo de personajes, 1962 Torrente Ballester, mi padre. La saga/fuga de Gonzalo Torrente Ballester, 1990
Adaptacións ao cine El rey pasmado, filme de Imanol Uribe, adaptado a partir de Crónica del rey pasmado, de Gonzalo Torrente Ballester, escrita conxuntamente con Juan Potau. Goya ao mellor guión adaptado en 1991.
Vida persoal Era tío do escritor Marcos Giralt Torrente. Faleceu como consecuencia dunha operación, foi incinerado e as súas cinzas espalladas en Galicia.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas La saga/fuga de JB, Reportaxe no que entrevistan a Gonzalo Torrente Malvido, Televisión Española, a partir do minuto 5'00".
Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Tradutores ao castelán Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes