A dos esociformes (Esociformes) é unha pequena orde de peixes teleósteos da superorde dos protacantopterixios, dulciacuícolas, distribuídos por ríos de Norteamérica e do norte de Eurasia.

Nela encóntrase incluída unha famosa especie, o lucio, un voraz depredador dotado de mandíbulas moi potentes.

Taxonomía Descrición A orde foi descrita en 1859 polo naturalista, anatomista comparativo e ictiólogo neerlandés Pieter Bleeker, experto no estudo comparado dos peixes, fundamente dos do leste asiático.Esociformes no WoRMS.Esociformes no GBIF.Esociformes na BioLib.

Etimoloxía O nome científico Esociformes está formado pola unión dos elementos esoc- e -iformes. O primeiro está tirado da raíz do nome do xénero tipo, Esox, e o segundo é o sufixo empregado no latín científico para formar os nomes das ordes de animais.

Sinónimos Ademais de poo seu nome actualmanet válido, a orde coñeceuse tamén polos sinónimos: Esocoidei Haplomi Esocae Umbriformes

Familias A orde comprende na actualidade dúas familias: Esocidae Rafinesque, 1815 Umbridae Bonaparte, 1844

Características Carecen de dentes. Tamén carcen da aleta adiposa como si teñen as especies doutras ordes da súa superorde emparentados con esta, como os salmoniformes. É moi característico que tanto a aleta dorsal como a aleta anal se encontren localizadas moi posteriormente.Esociformes en FishBase.

Os esócidos comprenden cinco especies de lucios que se encontran só nos lagos e ríos de máis fríos do hemisferio norte. Son peixes de aspecto moi característico, con fociños que recordan a un pico de pato, e corpos longos e tubulares. Poden chegar a medir até 1,8 m, e pesar até 35 kg. Son depredadores voraces, que comen outros peixes (incluídos outros lucios) e outros vertebrados como ras, aves e pequenos mamíferos; poden comer animais de até un terzo do seu tamaño. Os lucios son populares entre os pescadores deportivos, xa que pelexan cando son capturados e son bos como alimento.Esocidae na ADW.

Os úmbridos só contan cun xénero actual, con tres especies,Umbra Kramer, 1777 no WoRMS. que ocupan hábitats de auga doce sufocados por malas herbas no leste de América do Norte e o leste de Europa. Aínda que a familia contiña tradicionalmente os xéneros Umbra, Novumbra e Dallia, investigacións xenéticas e paleontolóxicas recentes considerararon esta agrupación como parafilética, e Novumbra e Dallia foron trasladadas á familia dos esócidos. Observouse que as especies de Umbra sobreviven baixo o xeo en invernos especialmente fríos, e teñen a capacidade de sobrevivir ao desecamento escavando coa cola no barro en tempos de seca.Phillips, Gary L.; Schmid, William D. & Underhill, James C. (1982): Fishes of the Minnesota Region. University of Minnesota Press. ISBN 978-0-8166-8169-3. Poden respirar aire atmosférico usando unha vexiga natatoria modificada para absorberen o oxíxeno.Currie, S.; Bagatto, B.; DeMille, M.; Learner, A.; LeBlanc, D.; Marks, C.; Ong, K.; Parker, J.; Templeman, N.; Tufts, B. L. & Wright, P. A. (2010): "Metabolism, nitrogen excretion, and heat shock proteins in the central mudminnow (Umbra limi), a facultative air-breathing fish living in a variable environment". Canadian Journal of Zoology 88 (1): 43–58.

Filoxenia O seguinte cladograma ilustra as relacións entre os esociformes.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Nelson, J. S. (2016): Fishes of the world. 5ª edición. Hoboken, Nova Jersey: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-1-1183-4233-6.

Outros artigos Protacantopterixios Salmoniformes