Giulio Cesare in Egitto (en galego Xulio César en Exipto), tamén denominada simplemente como Giulio Cesare (en galego, Xulio César), é unha ópera en tres actos con música de Georg Friedrich Händel e libreto en italiano de Nicola Francesco Haym quen empregou un libreto anterior de Giacomo Francesco Bussani musicado por Antonio Sartorio (1676). O libreto baséase dun xeito moi libre a chegada de Xulio César a Alexandría logo da batalla de Actium, e a súa relación con Cleopatra. Foi composta para a Royal Academy of Music.
A ópera foi estreada o 20 de febreiro no Dorset Garden Theatre de Haymarket (Londres) coa famosa soprano Francesca Cuzzoni e o castrato Francesco Bernardi Senesino e foi un éxito inmediato, un dos máis grandes de Händel. En vida do compositor volveuse representar en 1725, 1730 e 1732; tamén se representou en París, Hamburgo e Brunswick. Como a meirande parte das óperas de Händel, Giulio Cesare caeu no esquecemento no século XIX, e non foi ata 1922 cando se volveu representar en Göttingen. Coa recuperación da música barroca a partir dos anos '50, converteuse nunha das óperas máis populares de Händel.
Os papeis principais de Giulio Cesare, Sesto e Tolomeo foron escritos para castrati. Actualmente estes papeis adoitan ser interpretados por contraltos ou contratenores, aínda que ás veces Giulio Cesare transpórtase a barítono. Está considera unha das mellores óperas de Händel e de todo o repertorio clásico, que destaca polas súas partes vogais, de gran profundidade. É o exemplo máis significativo do ideal heroico e de demostración efectiva de toda a arte e a experiencia que Händel acumulara ata aquela.
Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea, 20 de febreiro de 1724(Director: - )CleopatrasopranoFrancesca CuzzoniSestosopranoMargherita DurastantiGiulio Cesarealto castratoSenesinoTolomeoalto castratoGaetano BerenstadtNirenoalto castratoGiuseppe BigonziCorneliacontraltoAnastasia RobinsonAchillabaixoGiuseppe Maria BoschiCuriobaixoJohn Lagarde
Notas
Véxase tamén
Categoría:Óperas de G.F. Haendel Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas de 1724