A canle bicipital do úmero é unha canle ósea da epífise proximal do úmero, situada entre o troquíter umeral e o troquino. Pola canle discorre o tendón da porción longa do músculo bíceps braquial. O seu traxecto é oblicuo descendente cara a fóra, para rematar no terzo medio do úmero. Tamén permite o paso dunha póla da arteria circunflexa umeral anterior que abastece a articulación glenoumeral.

Constitúe a parede lateral da axila. A canle está tapizada polo ligamento de Gordon-Brodie Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomy of the human body . Edición de 1918 de dominio público.

Categoría:Úmero