John James Rickard Macleod, nado en Clunie o 6 de setembro de 1876 e finado en Aberdeen o 16 de marzo de 1935, foi un médico escocés.
Traxectoria Obtivo a licenciatura en Medicina na Universidade de Aberdeen en 1898. En 1900 e tras obter unha praza de profesor de fisioloxía na Universidade de Cleveland, trasládase ós Estados Unidos. Posteriormente trasládase a Toronto, Canadá, onde tiveron lugar os experimentos que conduciron ó descubrimento da insulina. En 1928 regresou a Escocia para exercer de profesor en Aberdeen.
Foi galardoado co Premio Nobel de Medicina en 1923, compartido con Frederick Banting.
Escribiu nove libros, entre os que cabe destacar: Recent Advances in Physiology (1905). Fundamentals of Physiology (con Pearce, 1916). Diabetes: its Pathological Physiology (1925). Carbohydrate Metabolism and Insulin (1926). Physiology and Biochemistry in Modern Medicine (9.ª ed., 1941).
Véxase tamén
Categoría:Premio Nobel de Medicina Categoría:Médicos de Escocia Categoría:Nados en 1876 Categoría:Finados en 1935 Categoría:Premios Nobel do Reino Unido Categoría:Nados en Perth e Kinross Categoría:Premios Nobel do Canadá Categoría:Inventores do Reino Unido