Os Aterinópsidos (Atherinopsidae) son unha familia de peixes teleósteos, pertencentes á orde Ateriniformes (Atheriniformes). Agrupa especies mariñas e de auga doce, distribuídos en augas tropicais e temperadas de América.
Características Posúen dúas aletas dorsais amplamente separadas, a primeira con espiñas brandas e a segunda cunha espiña seguida de radios brandos, o mesmo que a aleta anal; as aletas pectorais situadas nunha posición alta no corpo. Boca pequena terminal ou subterminal.
Presentan unha ampla banda lateral prateada (á que deben o nome local de silversides). Dúas liñas laterais divididas, a superior esténdese sobre a banda lateral rematando antes da orixe da aleta anal, a inferior na parte ventral esténdese ata o pedúnculo caudal.
Os tamaños rexistrados oscilan entre os 52 cm para Odontesthes bonariensis e os 4 cm para Menidia colei.
Aliméntanse de zooplancto, insectos, pequenos peixes e, en ocasións, de caracois.
Clasificación Dixídense en dúas subfdamilias, 13 xéneros e 104 especies: Subfamilia Atherinopsinae: Xénero Atherinops (Steindachner, 1876) Xénero Atherinopsis (Girard, 1854) Xénero Basilichthys (Girard, 1855) Xénero Colpichthys (Hubbs, 1918) Xénero Leuresthes (Jordan e Gilbert, 1880) Xénero Odontesthes (Evermann e Kendall, 1906) Subfamilia Menidiinae: Xénero Atherinella (Steindachner, 1875) Xénero Chirostoma (Swainson, 1839) Xénero Labidesthes (Cope, 1870) Xénero Melanorhinus (Metzelaar, 1919) Xénero Membras (Bonaparte, 1836) Xénero Menidia (Bonaparte, 1836) Xénero Poblana (de Buen, 1945)
Véxase tamén
Taxonomía Fish Base Taxonomía ITIS Brian S. Dyer: Revisión sistemática de los pejerreyes de Chile
Categoría:Acantopterixios