miniatura|200px|30 St Mary Axe, Londres

Norman Robert Foster, nado en Manchester o 1 de xuño do 1935, é un arquitecto británico.

Traxectoria Foster iniciou os seus estudos na Universidade de Manchester, pasando despois á de Yale. Traballou para o visionario Buckminster Fuller antes de coñecer a Richard Rogers, creando o Team 4 e logo no 1967 Foster Associates.

Os seus proxectos foron orixinalmente deseños moi influenciados polo high-tech, afastándose dese estilo ata achegarse a unhas creacións máis sublimes e dunha moldeada modernidade.

Coñecido por algúns, despectivamente, coma un arquitecto "superstar" debido á súa enorme fama e popularidade en todo o mundo, o certo e que é un dos máis aclamados e recoñecidos arquitectos a nivel mundial. O seu labor como arquitecto foille recoñecido outorgándolle o prestixioso Premio Pritzker no ano 1999.

En 2009, recibiu o Premio Princesa de Asturias das Artes.

En 2011 foille concedido o proxecto de construción da estación de tren de AVE de Ourense.

Vida persoal En 1996 casou coa psicóloga e xornalista ourensá Elena Ochoa.

Categoría:Arquitectos de Inglaterra do século XX Categoría:Premio Pritzker Categoría:Premios Princesa de Asturias das Artes Categoría:Nados en 1935 Categoría:Nados en Manchester Categoría:Arquitectos de Inglaterra do século XXI