miniatura|300px|Hemirhamphodon pogonognathus Os Hemirámfidos (Hemiramphidae), paxariños ou mediopicos, son unha familia de peixes teleósteos, pertencentes á orde Beloniformes. A maioría son mariños pero algunhas especies son de auga doce. Están distribuídos por augas do Atlántico, Índico e Pacífico.

Características A mandíbula superior é moito máis curta que a inferior, que é longa e aguzada, especialmente nos xuvenís (nas familias Belonidae e Scomberesocidae as dúas mandíbulas son de tamaño similar). As aletas pectorais e pelvianas son curtas, e as aletas dorsal e anal, opostas, moi atrasadas. As escamas son moderadamente grandes, con tendencia a desprenderse.

Algunhas especies poñen os ovos en algas flotantes, pero outras son ovovivíparas. Son peixes omnívoros que se alimentan, na superficie, de algas, crustáceos e pequenos peixes.

Poden capturarse como fonte de alimentación pero é máis usual aproveitalos como carnada para pescar outras especies. As especies dos xéneros Dermogenys e Nomorhamphus utilízanse como peixes de acuario.

Clasificación Divídense en dúas subfamilias e 13 xéneros: Subfamilia Hemiramphinae Xénero Arrhamphus (Günther, 1866) Xénero Chriodorus (Goode e Bean, 1882) Xénero Euleptorhamphus (Gill, 1859) Xénero Hemiramphus (Cuvier, 1816) Xénero Hyporhamphus (Gill, 1859) Xénero Melapedalion (Fowler, 1934) Xénero Oxyporhamphus (Gill, 1864) Xénero Rhynchorhamphus (Fowler, 1928) Subfamilia Zenarchopterinae Xénero Dermogenys (Kuhl e van Hasselt en van Hasselt, 1823) Xénero Hemirhamphodon (Bleeker, 1866) Xénero Nomorhamphus (Weber e de Beaufort, 1922) Xénero Tondanichthys (Collette, 1995) Xénero Zenarchopterus (Gill, 1864)

Véxase tamén Ligazóns externas

Taxonomía ITIS Taxonomía FishBase

Categoría:Beloniformes