miniatura|Dendrocopos minor O picapau pequeno (Dendrocopos minor) é o máis pequeno dos petos europeos. Pertence á familia dos pícidos.
Descrición
Cunha lonxitude de 14 a 15 cm, trátase do máis pequeno dos paxaros carpinteiros europeos. Sendo do mesmo tamaño cun pardal común. O dorso riscado de branco e negro; gorxa e peito brancos coas partes inferiores claras, riscadas en negro; ás negras pintadas en branco; crista vermella no macho, negra nas femias.
Distribución Distribúese pola rexión Paleártica, dende a Península Ibérica até Kamchatka e o Xapón, localizándose entre as latitudes, 35º N e 70º N.
En España A especie considérase sedentaria, con dous grandes núcleos de poboación, o primeiro abranguindo unha franxa ao norte, dende Asturias e León até a zona noroccidental de Aragón e o segundo ocupando toda a área suroccidental de Castela e León, norte de Estremadura, Comunidade de Madrid e Guadalaxara. No resto peninsular a súa aparición é puntual e dispersa, con poboacións moi fragmentadas, estando ausente de grandes zonas do centro e leste peninsular, así como das Canarias e Baleares. Porén algúns estudos sinalan que existen zonas onde non se ten realizado un seguimento exhaustivo da especie. Así recentemente se teñen identificado poboacións estábeis na provincia de Provincia de Córdoba, especialmente nas ribeiras do río Guadalquivir, nas proximidades de Serra Morena e en devesas do Parque Natural da Serra de Cardeña e Montoro. Tamén se teñen detectado poboacións permanente nos cursos fluviais de Cataluña, coma nos ríos Muga, Fluvià, Ter, Tordera e Besós así coma no Delta do Llobregat.
Habitualmente os individuos ibéricos son sedentarios, realizando unicamente desplazamentos dispersivos ou de altitude no outono e no inverno.
En Galicia En Galicia a especie é rara, especialmente no inverno. No ano 2006 confirmouse a reprodución desta especie en Galicia. Os individuos galegos restrínxense habitualmente ó cuadrante sueste da provincia de Ourense.
Hábitat
Habita preferentemente en bosques de folla caduca, coma carballeiras, soutos, bosques de lamigueiros, e bosques mixtos e arboredos non moi espesos con preferencia en ecosistemas fluviais, aparecendo tamén en áreas abertas con árbores vellas. Ó contrario doutros pícidos semella evitar os bosques de coníferas, onde só se atopan individuos divagantes.
Na península ocupa os mesmos hábitat na zona norte e no núcleo castelán-estremeño tamén bosques, pero con preferencia as devesas, carballeiras, e soutos de ribeira.
Aniña en árbores vellas, mesmo en xardíns grandes, localizándose dende o nivel do mar até os 1.400 msnm, aínda que tamén poden criar en túneles escavados en noiros dos ríos.
Ameazas
A perda e fragmentación de hábitat, sobre todo por tallas de bosques con arboredo maduro, a desaparición dos bosques de ribeira, a reforestación con arboredo de crecemento rápido e os incendios forestais.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Dendrocopos Categoría:Aves de Galicia Categoría:Aves de Eurasia