O Estadio Monumental Isidro Romero Carbo, actualmente chamado Estadio Monumental Banco Pichincha por razóns de patrocinio, é un estadio de fútbol situado no norte da cidade de Guayaquil, en Ecuador, propiedade do Barcelona Sporting Club.

O estadio foi construído entre 1985 e 1987, e inaugurado o 29 de maio de 1988, con capacidade para acoller 55.000 seareiros. A capacidade do recinto foi ampliada nos anos 90 até os 90.283, facendo del o meirande da historia de Ecuador. Actualmente a FIFA non permite que no estadio haxa mais de 60.000 espectadores.

O estadio foi bautizado co nome do presidente de Barcelona Sporting Club entre 1982 e 2006, Isidro Romero Carbo, quen impulsou a construción do recinto para que o club tivese un estadio propio, xa que ata 1988 o equipo xogaba os seus encontros como local no Estadio Modelo Alberto Spencer, de titularidade municipal.

Galería 300px 15px 15px Situación do estadio en Guayaquil.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do Barcelona Sporting Club

Categoría:Estadios de fútbol de Ecuador