Eduardo Parga Veiga,Nome de Eduardo na páxina do concello Malpica de BergantiñosNome de Eduardo na páxina Ayuntamiento.es nado en 1965, é un político galego do PPdeG
Traxectoria Nas eleccións municipais de 2003 foi elixido concelleiro en Malpica de Bergantiños pola Agrupación Veciñal de Electores de Malpica (AVE), a cal encabezaba o expopular José Manuel Vila e foi a segunda forza máis votada tralos socialistas de José Ramón Varela Rey. Finalmente estableceuse un pacto de goberno cos socialistas e pasou a ocuparse da concellería de cultura e deportes. Volveu a ser elixido concelleiro por AVE en 2007, situándose nesta ocasión na oposición. A comezos de 2009 regresou cos seus compañeiros ao PPdeG, sendo nomeado José Manuel Vila novo líder da formación conservadora. Porén, tralo falecemento de Vila en febreiro de 2011 asumiu o liderado do PPdeG na localidade.
Desta forma foi o candidato á alcaldía polo PPdeG nas eleccións municipais de 2011, conseguiu a vitoria e foi elixido alcalde grazas ao apoio de Alfredo Cañizo, concelleiro de AIM, co cal pasou a gobernar en coalición. Revalidou a alcaldía con maioría absoluta nas municipais de 2015. Nas eleccións municipais de 2019 perdeu a maioría e a alcaldía, que foi para Walter Pardo Añón do PSdeG-PSOEConcello de Malpica de Bergantiños na FEGAMP ó contar co apoio do BNG e de Cañizo (entón candidato de Ciudadanos). Porén, trala ruptura do pacto de goberno con Cañizo, en setembro de 2021 presentou unha moción de censura que contou co apoio deste último e o devolveu á alcaldía. Nas municipais de 2023 mantivo os resultados da anterior ocasións, ó igual que os demais grupos, polo que mantivo a alcaldía co apoio de Alfredo Cañizo, nesta ocasión de volta coas siglas de AIM.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Malpica de Bergantiños
Ligazóns externas Entrevista en La Opinión
Categoría:Alcaldes de Malpica de Bergantiños Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1965 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes