La vida breve (en galego A vida breve) é unha ópera en dous actos de Manuel de Falla con libreto en castelán de Carlos Fernández Shaw. Foi estreada en francés (sobre unha adaptación de Paul Milliet) o 1 de abril de 1913 no Casino Municipal de Niza. O libretista, un prolífico autor de libretos de zarzuela, deulle a Falla un texto tipicamente andaluz e dramaticamente feble, sobre o cal Falla compuxo unha música na que se fai patente certa influencia do verismo e da estética típica da zarzuela castiza, mais cunha técnica orquestral e un brillo que fixeron desta obra a ópera en castelán máis representada.

Trátase dunha ópera breve, na cal os acontecementos dramáticos se precipitan rapidamente e onde o elemento popular, en forma de danzas e coplas, serve para dar un meirande contido musical, non aportando nada dende o punto de vista dramático - máis ben entorpecendo a acción. Porén, é xustamente nas danzas e nos elementos populares, onde se encontra o mellor da música. Só unha dirección escénica intelixente e imaxinativa pode salvar a La vida breve como peza teatral, dada a dificultade de narrar axeitadamente os acontecementos sen caer na confusión ou o tópico, nunha obra que segundo Federico Sopeña "apenas montada como ópera-ballet resiste".Federico Sopeña. Historia de la Música Española Contemporánea. Ediciones Rialp, 1976. ISBN 84-321-1873-7

Os fragmentos máis célebres da ópera son as dúas danzas sinfónicas, que decote se interpretan como pezas de concerto.

Personaxes Personaxe Rexistro Elenco na estrea, 1 de abril, 1913(Director: Jacques Miranne) Salud, xitana amante de PacosopranoLillian GrenvillePaco, señoritotenorDavid DevrièsSalvador, tío de SaludbaixoÉdouard CotreuilA avoa de Salud mezzosopranoRenée Fanty Carmela, moza de PacomezzosopranoMlle GerdayManuel, irmán de CarmelabarítonoTermanyUn cantaorbarítonoPrimeira vendedoracontraltoDaurellySegunda vendedoramezzosopranoA BernardvendedorbaixoVoz da fraguatenorRouziery

Notas

Véxase tamén

Bibliografía xeral José Casanovas. Manuel de Falla, cien años. Ediciones de Nuevo Arte Thor. Barcelona, 1976. ISBN 84-7327-003-7 András Batta. Ópera: Compositores. Obras. Intérpretes. Barcelona: Equipo de Edición, S.L. 2000. ISBN 3-8290-2830-X

Categoría:Óperas de Manuel de Falla Categoría:Óperas en castelán Categoría:Óperas en francés Categoría:Óperas de 1913