Guayas é unha das 24 provincias da República de Ecuador, localizada na rexión litoral do país. A súa capital é Guayaquil, o maior centro financeiro, comercial e industrial do país, así como a cidade máis grande. Con máis de 3,7 millóns de habitantes, a provincia de Guayas é a máis poboada de Ecuador, con arredor dun 30 % da poboación total. O nome da provincia provén do río Guayas, que a atravesa xusto antes de desembocar no océano Pacífico.
Historia Na época precolombiana estas terras foron habitadas polos huancavilcas. Coa chegada dos españois buscouse construír unha cidade que servise de porto, pero a resistencia dos nativos impediu a conquista destes territorios durante un tempo. En 1538 fundouse a cidade de Guayaquil, que se converteu nun eixo importante da Real Audiencia de Quito. Os dominios de Guayaquil abranguían a maior parte da rexión litoral de Ecuador. En 1763 foi nomeado o primeiro Gobernador de Guayaquil. Tralas guerras de independencia de España, formouse a Provincia Libre de Guayaquil, que logo acabaría uníndose á Gran Colombia, pasando a chamarse Departamento de Guayaquil. Despois da separación da Gran Colombia, formouse a República de Ecuador, e a rexión de Guayaquil dividiuse en varias provincias, unha das cales é Guayas.
Na actualidade a Provincia de Guayas está dividida en 25 cantóns, e a súa actividade principal é a industria (xa que nela se atopan o porto e as fábricas de Guayaquil) e o turismo de praia.
Demografía A provincia ten unha poboación de 3.744.351 persoas, estimada polo INEC en 2010, a maior parte da cal vive na súa capital, Guayaquil, que supera os 2 millóns de habitantes, ou nos seus arredores. Esta poboación está crecendo, xa que existe unha corrente migratoria interna dende outras provincias do país.
Evolución da poboación de Guayas e GuayaquilCensos Provincia de GuayasCantón de GuayaquilCidade de Guayaquil1950582.144331.942258.9661962979.223567.895510.80419741 512 333907.013823.21919822 038 4541 328 0051 199 34419902 515 1461 570 3961 508 44420013 309 0342 039 7891 985 379 Fonte: Instituto Nacional de Estadísticas y Censos
Poboacións meirandes da Provincia de GuayasPosición en Guayas Posición en todo o paísCidadePoboación 1 1 Guayaquil 2 291 772 2 7 Durán 230.026 3 13 Milagro 138.661 4 29 Daule 65.585 5 32 Samborondón 42,637
Clima O clima da Provincia de Guayas é tropical e monzónico, debido á corrente mariña fría de Humboldt e ó fenómeno de El Niño. Isto fai que a temperatura sexa elevada durante case todo o ano. Danse dúas estacións, o inverno chuvioso que vai dende xaneiro a maio, e o verán seco entre xuño e decembro. 17px Parámetros climáticos medios da Provincia de Guayas 17px Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano Temperatura máxima media (°C) 31 30 32 32 30 29 28 28 30 29 30 31 30 Temperatura mínima media (°C) 21 20 18 22 20 15 17 15 16 17 18 20 15 Precipitacións (mm) 22,35 27,94 28,70 18,03 5,33 1,77 0,25 0,00 0,25 0,25 0,25 3,00 108.45''Fonte: Weatherbase
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do Goberno Provincial de Guayas Páxina oficial da Gobernación de Guayas Páxina web do Arquivo Histórico de Guayas Páxina oficial da Cámara de Turismo de Guayas
Categoría:Provincias de Ecuador