Antonio Teófilo Garea Gestal, nado en Ledoira (Frades) o 10 de outubro de 1942La Voz de Galicia, 10-10-1992, p.39. e finado na Coruña o 3 de setembro de 2010Pesar por el fallecimiento del ex alcalde de Frades Antonio Garea, foi un político galego.

Traxectoria Nas primeiras eleccións democráticas encabezou unha candidatura independente á alcaldía de Frades e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1983 presentouse por Coalición Galega e volveu ser elixido alcalde. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura da CPG e perdeu a alcaldía tras verse superado polo CDS, ante isto apoiou o acceso á alcaldía do candidato de AP Miguel Prado Patiño. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura da CNG e logrou tan só unha acta de concelleiro, retirándose da primeira liña política ó final dese mandato. No 2003 regresou á palestra política como candidato PSdeG-PSOE e foi portavoz desta formación na oposición, pero abandonou o partido en 2007. Nas municipais de 2007 presentouse polo Partido Galeguista pero non logrou representación.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Frades

Ligazóns externas

Categoría:Alcaldes de Frades

Categoría:Nados en 1942

Categoría:Nados en Frades

Categoría:Finados en 2010

Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Galega Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Progresista Galega Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes