Os anablépidos ( Anablepidae , Garman 1895Antes Anablepsidae.) son unha familia de peixes teleósteos da orde dos Ciprinodontiformes (Cyprinodontiformes). Viven en augas doces interiores de zonas tropicais americanas (desde o sur de México ata o sur de Suramérica) pero pode achegarse ás desembocaduras, soportando augas salobres.
Características Corpo alargado, algo deprimido no terzo anterior. A cabeza é ancha e esmagada, coa rexión supraorbital avultada. A boca é horizontal e o maxilar algo protráctil.
O trazo máis característico son os ollos, grandes e aparentemente divididos en dous: a metade superior emerxe da superficie da auga e permite a visión exterior; a metade inferior permanece somerxida e permite a visión baixo a auga. Esta característica explica a denominación popular de peixes catro ollos.
Unha soa aleta dorsal, que é pequena e redondeada. A aleta anal dos machos está transformada nun órgano subcónico, destinado á copula. Son vivíparos, excepto o xénero Oxyzygonectes, que é ovíparo.
Clasificación Divídense en tres xéneros e 9 especies: Subfamilia Anablepinae Xénero Anableps Xénero Jenynsia Subfamilia Oxyxygonectinae Xénero Oxyzygonectes miniatura|300px|Anableps anableps|centro Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Taxonomía FishBase World Register of Marine Species
Categoría:Ciprinodontiformes