Os acropomátidos ( Acropomatidae ) son unha familia de peixes mariños teleósteos, incluída na orde Perciformes. Están distribuídos por tódolos océanos de augas temperadas do Atlántico, Índico e Pacífico.

Características Son peixes de tamaño xeralmente pequeno. Teñen dúas aletas dorsais, a primeira con 7 a 10 espiñas, a segunda con ou sen espiñas e 8 a 10 raios brandos; a aleta anal ten 2 ou 3 espiñas e 7-9 raios brandos; as aletas pelvianas unha espiña e 5 raios brandos; caudal furcada. No opérculo aparecen dúas espiñas redondeadas. Liña lateral completa e continua.

As especies do xénero Acropoma teñen órganos luminiscentes.miniatura|300px|Synagrops bellus|centro Clasificación Divídense en oito xéneros e 33 especies: Xénero Acropoma (Temminck e Schlegel, 1843) Xénero Apogonops (Ogilby, 1896) Xénero Doederleinia (Steindachner en Steindachner e Döderlein, 1883) Xénero Malakichthys (Döderlein en Steindachner e Döderlein, 1883) Xénero Neoscombrops (Gilchrist, 1922) Xénero Pseudohowella (Fedoryako, 1976) Xénero Synagrops (Günther, 1887) Xénero Verilus (Poey, 1860)

Ademais dun xénero fósil extinguido: Acropomatidarum

Véxase tamén

Ligazóns externas Taxonomía FishBase Taxonomía ITIS

Categoría:Percoideos