Crepis albida é unha planta da familia das asteráceas de pétalos amarelos.

Descrición Trátase dunha planta vivaz duns 20–30 cm e talos pouco ramosos. As follass están case sentadas, carecen de pelos glandulares malia estar cubertas dun denso tomento abrancuxado. Presenta un involucro groso, duns 2 cm de diámetro, coas brácteas ovado-lanceoladas, sendo as exteriores pouco máis longas que anchas. Tanto a corola como os aquenios que desenvolve posteriormente son amarelos.

Forma vital: Hemicriptófito

Distribución e hábitat Distribúese polo Mediterráneo occidental, na Península Ibérica, Francia e Italia. Habita en chans pedregosos, entre rochas e penas.

Citoloxía Número de cromosomas de Crepis albida (Fam. Compositae) e taxóns infraespecíficos Crepis albida subsp. asturica (Lacaita & Pau) Babc.Proves Comentarios cariosistemáticos sobre algunas plantas de los Picos de Europa. Valdés Bermejo, E. & S. Castroviejo (1979) Mém. Soc. Bot. Genève 1: 83-98 2n=10.

Sinonimia Barkhausia albida var. albida Barkhausia albida var. macrocephala (Willk.) Rouy Barkhausia albida (Vill.) DC. Crepis albida subsp. albida Crepis albida subsp. asturica (Lacaita & Pau) Babc. Crepis albida subsp. grosii (Pau) Babc. Crepis albida subsp. longicaulis Babc. Crepis albida subsp. macrocephala (Willk.) Babc. Crepis albida subsp. scorzoneroides (Rouy) Babc. Crepis albida var. major Willk. Crepis asturica Lacaita & Pau Crepis grosii Pau

Notas

Categoría:Crepis Categoría:Flora de Galicia