miniatura|300px|Cabalgata en Calatayud (Zaragoza). A Cabalgata dos Reis Magos é un desfile de carrozas típico, nas cidades españolas e algunhas mexicanas, no que os Reis Magos (Melchor, Gaspar e Baltasar) e os seus paxes e axudantes lanzan caramelos e pelotas aos nenos que os observan desde a rúa.
Celébrase cada 5 de xaneiro pola tarde. Ao chegar a noite os nenos deben deitarse temperán e á mañá seguinte, no día da Epifanía, teñen os agasallos dos Reis Magos que solicitaron previamente nunha carta. Segundo a tradición os nenos que se portaron mal durante o pasado ano reciben carbón de caramelo.
Historia O primeiro rastro documentado sobre a orixe da cabalgata do día de Reis, remóntase ao 5 de xaneiro de 1855 no "Diario de Barcelona".
A Cabalgata dos Reis Magos de Alcoi pasa por ser a máis antiga de España e, por iso, do mundo, estando documentada desde 1866.
Así mesmo consta que, en 1876, empezouse a celebrar a Cabalgata dos Reis Magos de Ibi, localidade próxima a Alcoi, deixando de celebrarse algúns anos da década dos 30 e retomándose nos 40, da man de José Vicedo García e Pascual Rico Bellod.
En Galicia a primeira cabalgata dos Reis Magos realizouse na Coruña, organizada pola Liga de Amigos, en 1909 e non tivo continuidade; ao longo dos anos diversas asociacións organizaron esporadicamente outras en varias localidades galegas, como a de 1929 en Vigo pola Asociación da Prensa . Non foi ata 1938 coa cabalgata que organizou a Falanxe que a cabalgata comezou a ter continuidade na Coruña e logo noutras cidades galegas.
Desde 2009 hai tamén en Polonia cabalgatas dos Reis Magos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Reis Magos Roscón de Reis
Ligazóns externas Cabalgata dos Reis Magos de Pamplona Envía a túa Carta aos Reis Magos Cabalgata de Reis en Varsovia
Categoría:Festas de España Categoría:Nadal