Os centropómidos ( Centropomidae ) son unha familia de peixes mariños e algúns de auga doce incluída na orde dos Perciformes. Están distribuídos por ríos de América e polo océano Atlántico.

Características Teñen cabeza grande e algo deprimida dorsalmente, con boca grande e protráctil e a mandíbula inferior moi prominente. Preopérculo aserrado con 1-2 espiñas. Liña lateral continua e algo arqueada.

Dúas aletas dorsais separadas, con 7 a 8 espiñas na primeira e 1 espiña e 8-11 raios brandos na segunda, mentres que a anal ten 3 espiñas e 6-9 raios brandos. As pelvianas, cunha espiña e 5 raios brandos, insírense detrás das pectorais.

Clasificación Actualmente considérase integrada por un único xénero con 12 especies, pero ata ai pouco incluía tamén os xéneros Hypopterus, Lates e Psammoperca, hoxe clasificados dentro da familia Latidae.ITIS mantén (4.01.2012) os catro xéneros dentro da familia Centropomidae, dividida en dúas subfamilias: Centropominae e Latinae.

Xénero Centropomus (Lacepède, 1802) Centropomus armatus (Gill, 1863) Centropomus ensiferus (Poey, 1860) Centropomus medius (Günther, 1864) Centropomus mexicanus (Bocourt, 1868) Centropomus nigrescens (Günther, 1864) Centropomus parallelus (Poey, 1860) Centropomus pectinatus (Poey, 1860) Centropomus poeyi (Chávez, 1961) Centropomus robalito (Jordan e Gilbert, 1882) Centropomus undecimalis (Bloch, 1792) Centropomus unionensis (Bocourt, 1868) Centropomus viridis (Lockington, 1877)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Taxonomía FishBase Taxonomía ITIS

Categoría:Percoideos