Apollo 10 foi a cuarta misión tripulada do programa Apollo (denominada oficialmente como AS-505) dos Estados Unidos, a segunda tralo Apollo 8 en orbitar a Lúa. Lanzada o 18 de maio de 1969, foi a denominada "misión F": unha proba para o primeiro aterraxe lunar, probando os compoñentes e procedementos sen chegar a completar a aterraxe. O módulo lunar seguiu unha órbita de descenso ata uns 15,6 km da superficie lunar.

Os seus tripulantes foron Thomas Stafford -comandante-, John W. Young e Eugene A. Cernan.

Módulo de mando «Charlie Brown».|miniatura|esquerda|200px

Esta misión foi unha combinación das dúas anteriores, xa que por primeira vez situouse o módulo lunar (L.M.) nunha órbita próxima á Lúa, e realizáronse alí as manobras necesarias que xa se efectuaron en órbita ao redor da Terra.

Stafford e Cernan situáronse no módulo lunar "Snoopy", tras abandonar o de mando e servizo C.S.M., e lograron situarse en órbita lunar elíptica, cuxo perilunio quedou situado a uns 14 quilómetros sobre a súa superficie.

Durante a segunda e última volta á Lúa o módulo lunar perdeu o control, recuperado pouco despois polo seu piloto Thomas Stafford. Tras finalizar esta manobra, abandonouse o módulo lunar, que foi lanzado en órbita ao redor do Sol, e tras embarcar no módulo de mando «Charlie Brown», dirixíronse á Terra.

Esta misión supuxo o ensaio final do descenso á Lúa, realizándose ademais multitude de fotografías das zonas de aluaxe nas 31 órbitas que realizou á mesma. Amarou o día 26 de maio tras 192 horas, 3 minutos e 23 segundos de voo.

Aspectos destacados da misión Módulo de mando «Charlie Brown» (Science Museum de Londres).|miniatura|200px|esquerda Estes foron os principais aspectos da misión: O Apolo 10 foi a primeira misión en levar unha cámara para televisión en cor no interior da nave espacial, e fixo as primeiras transmisións de televisión en cor en vivo desde o espazo. Foi a segunda misión tripulada en orbitar a Lúa. O descenso dos astronautas Stafford e Cernan foi a máxima aproximación a outro corpo celeste que se fixo nunca. De acordo co Libro Guinness dos Récords de 2002, o Apolo 10 estableceu a marca de velocidade alcanzada por un vehículo tripulado a 39.897 kmh (11,08 km/s ou 24,791 mph) durante o regreso da Lúa o 26 de maio de 1969. John Young chegou a facer unha camiñada lunar como comandante da misión Apollo 16 e Eugene Cernan, comandante do Apollo 17, foi o último home en pisar a Lúa. En total 12 astronautas camiñaron sobre a superficie da Lúa.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Proxecto Apollo

10