Os corifénidos ( Coryphaenidae ), chamados comunmente dourados son unha familia de peixes mariños incluída orde dos Perciformes. Están distribuídos polos océanos Atlántico, Índico e Pacífico.
Característica Presentan unha intensa cor dourada, á que deben o nome En inglés, Dolphinfishes (peixes-golfiño). En castelán, dorados ou llampuga., e un corpo comprimido lateralmente, alto na rexión cefálica. Liña lateral sinuosa.
Posúen unha única aleta dorsal que percorre todo o corpo desde a cabeza; a anal taménb longa pero comneza á metade do corpo. Nos presentan espiñas nas aletas (48-65 radios brandos na dorsal). Aletas pectorais curtas e algo falciformes e a caudal fortemente furcada. Poden alcanzar talles de 1,5 m de lonxitude máxima.
Son peixes de hábitos superficiais e comportamento peláxico. Aliméntanse de pequenos peixes e outros animais. Captúranse en pesca deportiva pero tamén teñen certo interese comercial (pesca industrial e acuicultura).
É unha das familias de peixes azuis asociados a un alto contido de histidina e, por conseguinte, relacionado con casos de intoxicación por histamina Regulamento CE 2073/2005, da Comisión, de 15 de novembro de 2005, relativo ós criterios microbiolóxicos aplicables ós produtos alimenticios (DO L 338 de 22.12.2005)..miniatura|300px|Coryphaena_hippurus|centro Clasificación A familia contén un único xénero con dúas especies: Xénero Coryphaena Coryphaena hippurus (Linnaeus, 1758) - Dourado común Coryphaena equiselis (Linnaeus, 1758) - Dourado pampo
Notas
Véxase tamén
Taxonomía FishBase Taxonomía ITIS
Categoría:Percoideos