Os guerreidos ( Gerreidae ) son unha familia de peixes incluída na orde dos Perciformes. Están distribuídos por mares tropicais e ocasionalmente en estuarios, rara vez en auga doce.
Características Son peixes prateados que presentan unha boca moi protráctil. Liña lateral paralela á base da dorsal.
Aletas dorsal e anal cunha vaíña de escamas na base; dorsal formada por unha parte espiñosa e outra branda; anal con 3-6 espiñas e o resto branda; pectorais longas e algo falciformes; pelvianas cunha espiña longa, anterior; caudal profundamente fendida.
A lonxitude máxima rexistrada é de 35 cm (Gerres filamentosus).
Aliméntanse de invertebrados bentónicos que extraen da area O bentos (do grego βένθος/benthos, "fondo mariño") é a comunidade biolóxica formada polos organismos que habitan no fondo dos ecosistemas acuáticos, a diferenza do plancto e o necto, formados por organismos que habitan na columna de auga..miniatura|300px|Eucinostomus sp|centro Clasificación Divídense en seis xéneros: Xénero Diapterus (Ranzani, 1842) Xénero Eucinostomus (Baird e Girard en Baird, 1855) Xénero Eugerres (Jordan e Evermann, 1927) Xénero Gerres (Quoy e Gaimard, 1824) Xénero Parequula (Steindachner, 1879) Xénero Pentaprion (Bleeker, 1850)
Inicialmente designouse como Gerridae pero ó estar ocupado este nome por unha familia de insectos (da orde Hemiptera) tivo que cambiar o nome polo de Gerreidae.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Taxonomía FishBase Taxonomía ITIS
Categoría:Percoideos