Razaaq Adoti, nado o 27 de xuño de 1973 en Newham, Londres, é un actor produtor de televisión e guionista do Reino Unido.

Traxectoria Aínda que naceu en Londres, os seus pais son de procedencia nixeriana. Interpretou a Yamba no filme de Steven Spielberg Amistad xunto con Anthony Hopkins, Morgan Freeman e Matthew McConaughey. Despois de Amistad volveu a Londres, onde traballou en varios proxectos de televisión e cinema. Entre eles destacan Gangster No. 1 e Black Hawk Down, dirixida por Ridley Scott. Dende entón, ten participado noutras producións como Resident Evil: Apocalypse na que fai de Peyton Wells, Haven, Doom e The Hard Corps. Recentemente, protagonizou o filme Cover no 2008.

Categoría:Actores de Inglaterra Categoría:Nados en 1973 Categoría:Nados en Newham