A ratatouille é unha especialidade culinaria francesa, elaborada cun guisado de diversos vexetais e orixinaria da cidade de Niza aínda que tamén a encontramos na zona da Provenza. Con diferentes nomes e matices locais, existe en moitos países. Pode tomarse fría ou quente, soa ou como complemento de carnes e peixes.
Orixe A palabra ratatouille vén do Occitano . Utilízase tamén na súa forma francesa en todas as linguas, incluíndo o inglés. A ratatouille tamén se denomina Valentine no sur de Francia e piperade en Euskadi. Elaborada con allo, olivas e cebolas, coñécese como "Bohémienne Languedocienne". A súa orixe está na área da Provenza e arredor da cidade de Niza. Orixinalmente, a palabra ratatouille refírese dende 1778 a un guisado heteroxéneo. A abreviatura rata utilízase no argot militar francés para designar unha mestura de fabas ou feixóns, patacas e legumes mesturados con talladas de carne normalmente graxenta. O "rata" é de feito un prato típico do rancho militar, sinxelo e rápido de facer.
Elaboración e consumo miniatura|dereita|Prato de ratatouille. A ratatouille está composta de legumes cocidos, sobre todo berenxenas, cebolas, cabazas, pementos, tomates e allo. Como en calquera receita xenérica, non hai unha composición exacta senón uns principios xerais a seren observados.
Para cociñala, hai dous métodos son posíbeis: cociñar todos os legumes ou vexetais xuntos ou realizar a súa cocción un a un primeiro e mesturalos ao remate da preparación. Os defensores da tradición provenzal como os chefes Vergé ou Gedda defende este método por partes.
A ratatouille é xeralmente servida como gornición acompañando carnes ou peixes, mais tamén pode ser servida como prato principal acompañada de arroz ou pan).
Tradicionalmente, é aconsellábel tomala con viños brancos, rosados ou tintos orixinarios da Provenza.
Variantes Noutros países da área mediterránea, tamén preparan pratos similares: Cataluña: Samfaina Mallorca: Tombet Castela A Mancha: Pisto Malta: Kapunata Italia: Caponata Hungría: Lecsó Bulgaria: Ghiveci Romanía: Ghiveci Grecia: Briam (incluíndo patacas) Croacia: Đuveč (con feixón verde e arroz) Serbia: Đuveč (con feixón verde e arroz) Turquía: Imán Bayildi (presentada nunha berenxena reenchida) Recette de L'Iman Bayildi, Cuisine et vins de France
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Outros artigos Gastronomía de Francia Gastronomía de Italia
Ligazóns externas Les légumes et la santé Exemple de la ratatouille Comparaison avec les savoirs antiques, 2002, arquivo Wikiwix. Ratatouille (CuisineAZ.com) Receita de ratatouille, portal Cuisine traditionnelle française (www.cuisine-france.com)
Categoría:Pratos de verduras Categoría:Gastronomía de Francia