Dorian Gray é un filme británico dirixido por Oliver Parker que se estreou no 2009. Baséase no libro de Oscar Wilde The Picture of Dorian Gray (1890).

Sinopse Dorian Gray (Ben Barnes) é un xove aristócrata moi atractivo que, despois de ter pasado unha mocidade solitaria no campo, regresa a Londres, onde herdou unha mansión. Atraído pola vida nocturna, somérxese nela da mano de Lord Henry Wottom (Colin Firth), que o conduce ós antros máis recónditos e sórdidos da cidade. Ó rapaz fascínalle o estilo de vida decadente e amoral de Wotton. Por outra banda, a súa obsesión por acadar a eterna xuventude, lévao a facer un pacto endiañado: el manterase sempre xove, pero as pegadas do paso do tempo e das súas terríbeis accións, reflectiranse nun retrato que lle fixo o seu amigo pintor Basil Hallward (Ben Chaplin).

Personaxes Ben Barnes como Dorian Gray Colin Firth como Lord Henry Wotton Rebecca Hall como Emily Wotton Ben Chaplin como Basil Hallward Emilia Fox como Victoria Rachel Hurd-Wood como Sibyl Vane Fiona Shaw como Agatha Maryam d'Abo como Gladys Pip Torrens como Victor Douglas Henshall como Alan Campbell Caroline Goodall como Lady Radley Michael Culkin como Lord Radley Johnny Harris como James Vane

Galardóns e nomeamentos 2009: Festival de Sitges: Sección oficial longametraxes a concurso.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes ambientados en 1891 Categoría:Filmes ambientados en 1916