A Xunta de Castela e León (en castelán: Junta de Castilla y León) é, segundo o Estatuto de Autonomía de Castela e León, o órgano de goberno e administración da comunidade autónoma de Castela e León e exerce a función executiva e a potestade regulamentaria.
Está formada polo presidente da Xunta, os vicepresidentes e os conselleiros. A función da Xunta é a de exercer o goberno e administración da comunidade.
A sede da Xunta de Castela e León atópase no Colexio da Asunción de Valladolid. Devandito edificio está situado na praza de Castilla y León, 1, no barrio de Covaresa.
Presidencia A presidencia da Xunta é a máxima representación da comunidade, dirixe as accións da Xunta de Castela e León e coordina aos seus membros.
É elixida polas Cortes de Castela e León, pode ser destituída por estas se perde o apoio de máis da metade dos procuradores, e ten a capacidade de nomear e destituír os conselleiros. O seu mandato ordinario é de 4 anos.
Lista de presidentes Demetrio Madrid López (PSOE) (1983-1986) José Constantino Nalda García (PSOE) (1986-1987) José María Aznar López (Alianza Popular) (1987-1989) Jesús María Posada Moreno (PP) (1989-1991) Juan José Lucas Giménez (PP) (1991-2001) Juan Vicente Herrera Campo (PP) (2001- )
Na etapa preautonómica, o Consello Xeral de Castela e León (1978-1983) estivo presidido por Juan Manuel Reol Tejada (UCD) durante o período 1978-1980 e por José Manuel García-Verdugo Candón (UCD) durante o período 1981-1983.
Competencias transferidas Sanidade Universidades Educación (non universitaria) Agricultura Emprego Servizos Sociais
Notas
Véxase tamén Outros artigos Cortes de Castela e León Estatuto de Autonomía de Castela e León
Ligazóns externas Xunta de Castela e León Consello Consultivo de Castela e León