O distrito de Mubende é un distrito da Rexión Central de Uganda, chamado así pola súa localidade capital, Mubende. O distrito reduciuse de tamaño en xullo de 2005 coa creación do distrito de Mityana. No 2002 tiña unha poboación estimada dunhas 436.500 persoas. A principal actividade económica é a agricultura.
Limita co distrito de Kyankwanzi polo norte, co distrito de Kiboga polo nordeste e co distrito de Mityana polo leste, co distrito de Gomba e co distrito de Sembabule polo sur, co distrito de Kyegegwa polo sueste e co distrito de Kibaale polo noroeste.
Ten unha área de aproximadamente 4.645 km2. Posúe quince gobernos locais:
Bagezza Bukuya Butoloogo Kalwaana Kasambya Kassanda Kiganda Kigando Kitenga Kitumbi Kiyuuni Maduudu Mubende Mwezi Nabingoola
Véxase tamén Ligazóns externas Mubende District Portal About Mubende District
Mubende