Romances galegos é unha obra de poesía de Eduardo Blanco Amor publicada en Buenos Aires (Arxentina) pola editorial Céltiga en 1928 Ficha na BVG. Foi reeditada pola Editorial Galaxia en 1980 en Poemas galegos.

Análise Está composto por poemas escritos entre 1921 e 1928. No momento da súa publicación estaba xa establecido na Arxentina, pero en contacto con autores da xeración de vangarda da literatura galega e con autores da xeración do 27 da literatura castelá"Blanco-Amor poeta, entre a tradición e a renovación", análise de Carlos L. Bernárdez..

A primeira parte do poemario, Os nocturnos, está composta por romances máis baseados na literatura popular. A segunda sección, Témporas, está máis influída polo modernismo, o hilozoísmo de Amado Carballo e o léxico vangardista. Na terceira parte, Nocturnos, usa no poema "Orballo" o recurso vangardista da escaleira, xa usado por autores como Vicente Risco, Manuel Antonio ou Eugenio Montes. O título da cuarta parte, Toda humilde beleza, fai mención a un poema de Noriega Varela, e está adicada a Amado Carballo.

Este libro deu pé á amizade entre Blanco Amor e García Lorca, logo de que Enrique Díez Canedo os puxese en contacto e intercambiasen esta obra co Romancero gitano, publicado en 1927 e con certas características similares.

Segundo o Diccionario da literatura galega:

Contido Os nocturnos

Romance da saudade Romance de feitizo de amor Romance de outono Romance da danza mística Romance antergo Romance a un amor de lonxe Romance das fillas del Rei

Témporas

Primavera Vrau Outono Inverno

Nocturnos

Ensono Estrela Orballo Raid Sonsel da morte Sonata ao Romantismo Da montaña e do sábado Beiramar Muíño Da choiva e da melancolía

Toda humilde beleza

Función ¡Goal! Domingo Seitura Congostra Adrezo Danza Tráfico Reclame Gala

Amor

Descordo Cantigas de amor perdido: I. Saudade II. Ermo III. Prego a unha fonte Nova canzón de amor Cantigas a un amor novo Canzón sin recordos

Mar

Temporal Calma

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Imaxe da portada

Categoría:Obras de poesía en galego Categoría:Obras literarias de 1928 Categoría:Eduardo Blanco Amor