Il turco in Italia (en galego O turco en Italia) é unha ópera buffa ou dramma buffo per musica en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Felice Romani, baseado nunha peza homónima de Caterino Mazzolà coa que se fixo unha ópera do mesmo título, obra do compositor alemán Franz Seydelmann en 1788. Foi estreada o 14 de agosto de 1814, no Teatro alla Scala de Milán.
Esta ópera non ten ningunha relación coa ópera L'italiana in Argeli, composta tamén por Rossini un ano antes, e mesmo para algúns é superior musicalmente; xustamente, o público na época viu unha similitude entre as dúas obras, pensando que vían unha segunda versión. Trátase dunha ópera buffa moi influída por Così fan tutte de Wolfgang Amadeus Mozart, estreada no mesmo teatro pouco antes que a obra de Rossini. A abertura estrañamente harmonizada, aínda que infrecuentemente gravada, é un dos mellores exemplos do estilo característico de Rossini. Unha introdución infrecuentemente longa mostra un solo melancólico e amplo cun pleno acompañamento orquestral, antes de pasar a un tema principal puramente cómico e vivaz.
Un home tolo, unha dona caprichosa, un amigo celoso, unha bohemia descontenta, un turco sedutor e un poeta sen inspiración non presentan de todo o mellor argumento para unha ópera. Porén, a música e o libreto son tan encantadores un como o outro. En principio, hai que considerar que a música do turco non foi tomada doutra obra, como Rossini tiña por costume. En cambio, máis tarde serviríase do comezo da abertura para a súa ópera Otello, ossia il moro di Venezia.
Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea, 14 de agosto de 1814Director: Alessandro RollaSelim (Príncipe turco) baixoFilippo GalliDon Geronio (cabaleiro napolitano) baixoLuigi PaciniFiorilla (dona de Don Geronio) sopranoFrancesca Maffei FestaDon Narciso (namorado de Fiorilla)tenorGiovanni DavidProdoscimo (un poeta)barítonoPietro Vasoli Zaída (antiga amante de Selim)mezzosopranoAdelaide CarpanoAlbazar (amigo de Selim)tenorGaetano Pozzi Cidadáns, xitanos, vendedores, sirvientes etc.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Óperas de Rossini Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en Milán Categoría:Óperas estreadas no Teatro alla Scala Categoría:Óperas de 1814